Espectáculos

Outono de teatro para Marcos Pereiro e Fede

Dous dos actores máis populares do país cambian nos próximos meses a pequena pantalla polos escenarios para participar en producións teatrais de gran formato. Marcos Pereiro en O Tolleito de Inishmaan, dirixida por Cándido Pazó, e Federico Pérez en Get Back, dirixida por Jorge Coira.

En Allariz hai unha festa cos Tristes!

A enerxética Primagás celebra este domingo unha romaría no campo da feira da localidade ourensá na que o dúo formado por Federico Pérez e Marcos Pereiro será o encargado de amenizar a sesión vermú. Non faltará o polbo e as filloas, ou os xogos infantís para os nenos.

Touriñán tamén se anota nas Noites de Retranca

Estará en Vigo e Pontevedra, os días 24 de setembro e o 8 de outubro respectivamente. O cómico cullerdense era un dos poucos monologuistas que non participara aínda neste coñecido espectáculo, polo que pasaron os mellores humoristas do país nos últimos anos.

Portada » Espectáculos » Páxina 29