Baleira recibe este venres a Manolo Lojo

O cómico e actor cullerdense Xosé Antonio Touriñán leva o seu monólogo ao centro sociocultural da localidade luguesa, coas entradas xa esgotadas logo de poñerse á venda hai pouco máis dunha semana. Organizada pola Asociación Os Carreiriños, será a última oportunidade para gozar deste espectáculo en 2016.

manolo lojo

Un home que só ten claro querer suicidarse é o argumento arredor do cal o protagonista conta os pormenores da súa vida. Así, a vida de Manolo Lojo non foi demasiado fácil…un rapaz superdotado que rematou vivindo cunha paga por tonto.

Para o monólogo deste venres en Baleira as entradas esgotáronse en algo máis dunha semana, polo que o aforo xa está completo para poder gozar de máis dunha hora de espectáculo no que o humorista cullerdense trata temas de actualidade e historias clásicas en clave de comedia.

O evento está organizado pola Asociación Os Carreiriños, unha entidade sen ánimo de lucro fundada en abril do 2016 co fin de dinamizar a vida cultural e deportiva en Baleira. Fundamentalmente organizan rutas de sendeirismo polo concello, aínda que o seu obxectivo é ampliar a oferta de actividades e socios, comezando este venres, coa actuación de Touriñán.

Artigo anterior
Así foi a participación de Touriñán en El Club de la Comedia
Artigo seguinte
Touriñán e Marcos Pereiro, xuntos de novo na TVG en ‘Nós’

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Baleira recibe este venres a Manolo Lojo