Audiovisual

Diante e detrás das cámaras...

Todo polo entretemento!

Unha parte grande do noso traballo xira ao redor da tele e dos formatos para a tele. Outra ten que ver con internet e todas as súas posibilidades. O audiovisual para entreter, pero tamén para informar, é toda unha forma de vida. E que é o que facemos?

Imaxinamos e pensamos entretemento: ás veces programas, outras series de ficción, e tamén publicidade. E non somos unha produtora ao uso, porque coordinamos equipos formados por xente que sabe disto… Talento acreditado pola experiencia, e tamén novas promesas, canteira do audiovisual en Galicia.

O máis marabilloso dos traballos é o de poñer os medios a disposición do talento para que un proxecto saia adiante. Se cadra unha definición pouco académica, pero que encaixa moi ben no noso día a día. Nestes últimos anos puxéronnos por diante proxectos imposibles para televisión, cine, internet e publicidade. Fomos quen de sacalos adiante a base de esforzo e imaxinación, e da sensación de gozar co noso traballo.

  • Dirección de produción de filmes, programas e series de televisión
  • Secretaría de produción
  • Equipos de produción especializados en diferentes formatos

Quedamos ás seis e media dunha mañá chuviosa para montar nun furgón e percorrer as estradas de Galicia. Os días de rodaxe dan sentido a todo o traballo previo, e marcan todo o traballo posterior. E nese furgón vai toda a xente que compón un equipo que nos encargamos de formar.

  • Dirección
  • Dirección de fotografía
  • Equipo de cámara (operadores, foquistas e axudantes)
  • Son
  • Estilismo
  • Maquillaxe e peiteados
  • Atrezzo

Hai arte fóra dos museos e das prazas. Unha boa montaxe dunha peza audiovisual cambia por completo o resultado. En todo este tempo coñecemos a decenas de montadores e editores de vídeo e audio, capaces de absolutamente todo.

  • Montaxe e edición
  • Etalonaxe
  • Posprodución de son
  • Posprodución de vídeo
  • Efectos especiais
  • Música orixinal
  • Grafismos

E outras tantas cousas!

Na rede o audiovisual é creatividade, talento, orixinalidade… Ten moito de bo, tamén a inmediatez, a posibilidade de facer cousas fantásticas para que moita xente as vexa, para dirixilas a públicos concretos aos que de entrada sabemos que lle interesarán!

E que máis facemos? Pois por exemplo...

  • Vídeo corporativo e de empresa
  • Vídeos e presentacións para eventos
  • Videoclips
  •  Directos en eventos musicais e deportivos
  • Publicidade para redes sociais