Xosé A. Touriñán

Poucos son os que non o coñecen. Máis dunha década na tele é unha das causas, pero a outra ten máis que ver co seu carácter e o seu humor.
Quen máis e quen menos sinte certo aprezo por Touri, que entrou nos fogares de media Galicia como Mucha, das Cantareiras de Ardebullo, e desde entón interpretou decenas de personaxes en diferentes programas e formatos.

Cando lle preguntan, afirma convencido que unha das cousas coas que máis goza é co contacto co público en bares, teatros e auditorios, nos directos, nos que comezou como actor de moi novo co seu inseparable compañeiro Marcos Pereiro.

Touri é agora toda unha estrela da comedia en Galicia. Pregóns, presentacións, monólogos ou teatro son algunhas das súas especialidades sobre calquera escenario, onde tanto en solitario como acompañado polos seus colegas e amigos é quen de sacar sempre os mellores sorrisos ao público.

Espectáculos asociados

Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán no espectáculo Agora en serio

Agora en serio

Quince anos dan para moito! A cara menos coñecida de Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro.

Touriñán interpretando a Manolo Lojo

Manolo Lojo

A tráxica biografía dun home cunha vida nada doada. Pero todo pode ir a peor...

Actuación de Mucha e Nucha, as Cantareiras de Ardebullo

Cantareiras de Ardebullo

As mellores anécdotas das Fillas da Conexa, as veciñas máis coñecidas da súa aldea.