Marcos Pereiro

Todo un camaleón do humor, capaz de meterse coma ninguén en calquera papel tanto para sorprender ao público en directo como para facelo desde a pequena pantalla.

Marcos é actor desde moi novo: logo de saltar á fama polas súas aparicións televisivas no Luar da Televisión de Galicia, coas Cantareiras de Ardebullo, participou en Terra de Miranda, Air Galicia, Vilamor, Tourilandia, A Casa da Conexa ou Buscando Ardebullo, entre outros tantos formatos e programas.

En directo ven de lanzar o seu propio monólogo, Como ser Armario Empotrado, estreado en 2016. Un desternillante espectáculo que compaxina con actuacións acompañando a Federico Pérez (co dúo musical Os Tristes, unha parodia sobre os conxuntos de sesión vermú), e co clásico espectáculo das Cantareiras de Ardebullo.

Tamén forma parte do elenco do espectáculo teatral O Tolleito, dirixido por Cándido Pazó, que xira por todo o país durante este ano.

Espectáculos asociados

Espectáculo Os Tristes

Os tristes

Para animar calquera verbena ou sesión vermú con grandes éxitos de hoxe e de sempre.

Actuación de Mucha e Nucha, as Cantareiras de Ardebullo

Cantareiras de Ardebullo

As mellores anécdotas das Fillas da Conexa, as veciñas máis coñecidas da súa aldea.

Marcos Pereiro no monólogo Armario Empotrado

Como ser armario empotrado

Non hai dor! Marcos Pereiro explica todos os secretos para ter un corpo espectacular.

Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán no espectáculo Agora en serio

Agora en serio

Quince anos dan para moito! A cara menos coñecida de Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro.