Federico Pérez

Ninguén pregunta por Fede, senón por Josito, porque media Galicia pensa que se chama así. O éxito de Padre Casares, un dos proxectos televisivos cos que saltou á fama, situou a este lingüista de Mazaricos nunha das caras imprescindibles do audiovisual en Galicia. Traballara antes en Libro de Familia, O show dos Tonechos, Mareas Vivas ou Air Galicia, ademais de en filmes como 18 comidas, Retornos ou Mar Adentro. Na actualidade é o protagonista de Era Visto!, unha serie diaria na que dá vida a Moncho.

Sobre as taboas participou en O Florido Pensil e Presidente, e co monólogo Ración de Breogán fixo rir a media Galicia en decenas de teatros e auditorios. Acompañou a Touriñán no espectáculo Curtis e Teixeiro, e con Marcos Pereiro interpreta a un dos membros do dúo cómico - musical Os Tristes. Agora volve ao humor en directo con A Noite do Capador, unha divertida historia que percorrerá os mellores escenarios de Galicia esta temporada.

Espectáculos asociados

Espectáculo Os Tristes

Os tristes

Para animar calquera verbena ou sesión vermú con grandes éxitos de hoxe e de sempre.