Abegondo acollerá este domingo un novo ‘derbi dos artistiñas’

Presentadores, xornalistas, actores, actrices e caras coñecidas da cultura do noso país xuntaranse de novo este domingo nas instalacións do Deportivo en Abegondo para disputar un derbi se cadra non tan trascendente co de Riazor, pero igual de emocionante e divertido.

O partido entre os ‘artistiñas’ da primeira volta en Vigo | Foto: Carla García (Ainé Producións)

 

Polo Deportivo: Kiko Novoa, Rodrigo Vázquez, Carlos Ares, David Mosquera, Xosé Barato, Iván Marcos, Cristina Iglesias, Miguel Canalejo, Pepe Capelán, Marcos Pereiro, Rubén Prieto, Xosé A. Touriñán, Federico Pérez, Álex Fidalgo e Paula Arruti.

Polo Celta: Ana Pérez, Mayka Braña, Terio Carrera, Fran Khanotas, Susana Sampedro, Xan Veiga, Deborah Vukusic, Sonia Méndez, Ledicia Sola, Fabián Figueroa, Chechu Salgado, Luis Penido, Nacho Castaño e Carmen Méndez.

Por se precisan axuda, os veteráns Otero, Celeiro, Manel Hernández e Fran Cainzos polo Celta, e Juanma, Tito Ramallo, Nando, Manjarín e Manuel Pablo polo Deportivo.

Son as convocatorias do outro derbi, o que horas antes do de Riazor xogarán nas instalacións do Deportivo en Abegondo (A Coruña), algunhas das caras máis coñecidas do mundo da cultura, a televisión e o xornalismo en Galicia. Vestidos de branquiazul ou de celeste, defendendo os seus escudos, e cun importante obxectivo: pasalo ben e fomentar a concordia. Contribuir ao Imposible sen ti, ao obxectivo dun derbi galego convertido en festa.

A cita terá lugar ás 12.00 do mediodía. Xa antes, o sábado, moitos deles compartirán a tarde nun coñecido clube de pádel da Coruña para vivir xuntos nunha cea pola concordia as horas previas ao partido de Riazor. O mesmo domingo, logo do bautizado como #oderbidosartistiñas, xuntaranse no estadio na contra atrás do partido do ano en Galicia.

Artigo anterior
“Así que ti e mais eu imos ter derbi para sempre…”
Artigo seguinte
Pepo Suevos, á fronte da gala dos María Casares

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Abegondo acollerá este domingo un novo ‘derbi dos artistiñas’