Marcos Pereiro, Federico Pérez e Oswaldo Digón poxarán curiosas esculturas este luns en Castelo
Nunha función inédita do espectáculo ‘Coleccionistas’, na que Federico Pérez substituirá a Santi Romay, os cómicos improvisarán sobre un amplio catálogo de obxectos dos veciños de Castelo, e construirán a partir deles curiosos sketches.
‘Antes de perder’, o novo de Sonia Méndez en Playz, con Touriñán, Marcos Pereiro e Federico Pérez
Unha miniserie de sete píldoras e retransmisións a través de Instagram que conta a fuxida sen retorno de dúas mulleres na estrada, onde comparten unha historia que racha cos códigos do concepto de feminidade. Protagonizada por Esther Acebo e Mariam Hernández, conta con Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro e Federico Pérez no seu reparto.
Marcos Pereiro e Federico Pérez, protagonistas dun verán na televisión e nos teatros
Malo será! ocupou moitas das horas e dos días dun verán no que cada xoves visitaron unha localidade galega cun espectáculo de hora e media de duración: para os espectadores do teatro, pero tamén para os da Televisión de Galicia. O programa, producido por Tex45 Producións e no que participou Ainé, obtivo sensacionais datos de audiencia.