Xosé Antonio Touriñán viaxa esta semana a Tenerife para participar no Mueca, o Festival Internacional de Arte na Rúa que se celebra no municipio portuense do 12 ao 15 de maio, e no que o teatro, a música e o humor son os eixes principais do espectáculo.

monólogo do imbécil

O actor culleredense aterriza o venres nas Canarias para interpretar o “Monólogo do Imbécil”, pero desta vez en castelán. Touri converterase unha vez máis en Santi, alguén a quen todo lle sae mal e que un día decide mirar atrás na súa biografía para buscarlle sentido ás cousas.

Ademais de Santi, sobre o escenario Touriñán tamén se converte, entre outros moitos personaxes, en Manolo Lojo -un dos seus monólogos máis soliciatados- ou en Mucha –das famosas Cantareiras de Ardebullo ás que todo o mundo coñece-.

Logo da súa parada sureña, o “Monólogo do Imbécil” volverá nas próximas semanas aos teatros das vilas e cidades galegas.